sábado, 30 de enero de 2010

Néboa




Sedenta a pel do raio escondido

amanece na branca néboa.


Acoitelan espíritus invisibles

furan por cada poro

enchen o corpo de fría humidade.


Fume envolvente sen lume.


Avanza o día e por fín o cobarde

agóchase amedrentado.


A luminosa presencia do sol

amosa sorrinte polo verde

cumio da montaña.

7 comentarios:

Sir Bran dijo...

Non me cabe dúbida de que as brétemas da montaña poden dibuxar a mais fermosa estampa... un pracer de fotografía. E grandioso o teu nombrar dun elemento que nos visita moitas veces.
Biquiños.

el piano huérfano dijo...

Precioso, como es la naturalez y como la describes

besos

Mery Larrinua dijo...

...me ha gustado descubrir tu blog....
un abrazo

Chousa da Alcandra dijo...

E mergullarse cos ollos nese mar de néboa, máis que un desexo recurrente, é unha necesidade. Ata que o sol nos tenda unha raioliña para volvernos ó verde da montaña vital...

Bicos dende a Chousa con néboas

Bolboreteira dijo...

Qué bonito!
Teño que decir que me gusta pouco a neboa...so me gusta vela dende o alto como cobre os vales con ese manto branco de algodón.
Un biquiño.

durmiendoenunapapelera dijo...

E xa temos poetisa na nosa fala.
Unha Xanela aberta e clara, que enchera os nosos ollos de ceos azuis e nubes brancas...

A beleza das túas verbas ... ten fogar.

¡Biquiños, amiga miña!

fonsilleda dijo...

Na foto parece que se agachan todos os trasnos e as fadas do mundo.
Bicos.

Publicar un comentario