martes, 9 de febrero de 2010

Arrecendos

.

...................Pincha na imaxe se a queres ampliar.


Espertou cedo a mañán

e visteuse moi fermosa

con dourados raios de sol

e arrecendos de mimosa.

.

As nubes foron co vento

o claro do ceo amosa

xa non hai bágoas de chuvia

xa non hai néboa chorosa.

.

Surcando as ondas do mar

aparece moi garbosa

a lanchiña mariñeira

cunha pesca ben xeitosa.

.

Canta a rula e ladra o can

no mar a estampa é vistosa

xa non imos querer máis

xa está chea a vida nosa.

.

.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

Cos tempos que van que gusto, que pracer ler un poema tan optimista, doce e con sabor e cheiro.
Xa está plena a nosa vida alomenos de arrecendos.
Precioso

El Drac dijo...

Se o despertar do belo dia em que o lugar eo tempo deve ser drenado tão delicado entre a canção do mar. Um belo poema, uma bela imagem .. Um beijo

Sir Bran dijo...

Preciosa a vista da ría de Pontevedra, dende logo non lle falta fermosura a esta ría baixa.
E para enchela de mais fermosura están as tuas agarimosas palabras da mañán cedo.
Non deixes de invitarnos a mirar cos teus ollos.
Biquiños.

Chousa da Alcandra dijo...

En que fontes bebes para verter optimismo desa guisa?.

Publicar un comentario