jueves, 4 de febrero de 2010

Lembranzas



Canta o eixo do carro

e non para de cantar

trenquelea cargadiño

tocan as follas no chan.


Espera o palleiro a palla

o canasto cheo está

o muíño de entre ríos

moe millo sen parar.


Xa quenta Maruxa o forno

axiña se enfornará

probarás boliña quente

cun chourizo do seu lar.


Voltarás ó teu camiño

con bo viño e con bo pan.

6 comentarios:

Bolboreteira dijo...

Que fermoso poema..Eu non lembro moito os carros de vacas pero si o de cocer o pan no forno, miña avoa faciao cando eu era nena, e morria por comer o pan recen feito, quentiño, tenro..riquísimo.Qué lembranzas!
Biquiños.

fonsilleda dijo...

Fermosas letras queridiña, parecen sacadas do noso folklore máis antigo e, mentres se le, óense soar gaitas e pandereitas.
Bicos.

El Drac dijo...

Belo poema, com a música que eu observo na maioria dos poesia lusófona, muito suave e profunda, como o sopro de um vento suave, como as ondas. te mando un abrazo desde Peru

Chousa da Alcandra dijo...

Escóitase o cantar do carro, o arrecendo das pedras do muiño esmagando o gran...
Canto tempo pasou e que perto está no pensamento, se alguén, coma ti, o estimula deste xeito.

Bicos con arrecendo a torta de millo

Rosario dijo...

PRECIOSA FOTOGRAFÍA GRACIAS POR ENTRAR EN MI BLOG.

Un abrazo fuerte desde mi librillo.

Narci dijo...

Qué ritmo, dan ganas de aprender el gallego aunque sólo sea para leerte.

Besos
Narci

Publicar un comentario