jueves, 25 de febrero de 2010

O paxaro cando chove



Xa se cansa o paxariño

co seu rabo na silveira

aínda que chove decide

ir a buscar compañeira.


Ensaia distintos cantos

ata que chega a primeira

mira que mira pra él

emprende veloz carreira.


Non me extraña, pensa él

botei esta noite enteira

molladiño coma un pito

co meu rabo na silveira.

6 comentarios:

Alís dijo...

Marisa, sacáchesme unha risa con este poema tan tenro. Dominas a poesía, non importa en que lingua escribas.
Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

A min tamén me arrincaches unha boa risada.
(Eu pensei en aquel conto do paxaro e mailo coello...sábelo?)

Lasosita dijo...

Hoxe, fai unha mañá xeitosa, sen dúbida para a poetisa.
Tamén para o paxariño...


Agarimos, Marisa!

fonsilleda dijo...

Doce sorriso espertaches en min, xa non tan de mañanciña. Chegaches nunha mañá luminosa.
Agradézoche tal pobriño paxaro.
Bicos.

Bolboreteira dijo...

Que poema máis tenro e doce! Fermoso.
O paxariño anda esperando pola primaveira que está proxima, pero a espera estase facendo dura de máis.
Bicos Marisa

El Drac dijo...

Bem, agora que o tradutor é muito ruim, até eu ter traduzido uma palavra suja, então agora o melhor, não comentar. Um abraço.

Publicar un comentario