jueves, 11 de marzo de 2010

As pedras de lavar

.
.
.

Xa non te vexo Rosiña

lavando a roupa no río

agardan as pedras gastadas

polos trapos da cotío.

.

Agora son outros tempos

do tendal e do amorío

pechados entre paredes

sen sol e todo moi frío.

.

Xa non se escoitan os contos

nin tampouco o asubío

do afiador mañanceiro

que te esperaba no río.

.

.

8 comentarios:

Mery Larrinua dijo...

Hermoso!
un abrazo

isia dijo...

Certamente o desenvolvemento nos permite moitas logros e facilidades, pero tamén nos deixa sen imaxes tradicionais, imaxes que ne moitas ocasións nos poden marabillar e que forman parte da nosa presonalidade galega.

un abrazo

El Drac dijo...

NO sé qué me encandila más si la diligencia de la mujer que lava en el río o aquella erudita que deslumbra con su saber, ambas son ¡tan hermosas!

Alís dijo...

De nena, nos veráns que pasaba na aldea, fun algunha vez a lavar ó regato. Cando me deixaban lavar algunha prenda, era unha festa para mín. Grazas por esta viaxe a infancia.
Bicos

fonsilleda dijo...

Mira ti a Rosiña que coqueta ela. Así que co afiador?. Vaia, vaia.
Encántame que recuperes, dunha forma tan bonita, eses sons e ecos tan antigos pero tamén tan entrañables.
Bicos.

Chousa da Alcandra dijo...

Lavar no río tíñache o seu encanto. Pola auguiña fresca, as saias arremangadas e o afiador co seu chifro atento a tanta molladura...

Bicos de paragüeiro!

Emilio dijo...

Qué bonito.
Aùn tengo recuerdos de cuando mis mayores iban a lavar al río... ¡qué tiempos!
Besos.

Bolboreteira dijo...

Ainda me lembro de ir con miña avoa ou con miña madriña a lavar o lavadoiro todo aquel monte de roupa a man, como me gustaba ainda que chegase a casa coas máns xeadas e roupa toda mollada.
Qué lembranzas!
Un biquiño

Publicar un comentario