viernes, 5 de marzo de 2010

Leda

Pincha na imaxe



Cadeliña que contenta

segues tódolos meus pasos

e tamén os voos rasos

da gaivota que te tenta.


Non hai cousa máis fermosa

que verte coa língua fora

pode ser a calquer hora

as carreiras moi gloriosa.


Subes e baixas outeiros

tamén te achegas ó mar

sen cadea e sen atar

polos humidos carreiros.


Contigo non hai tristeza

fa-la fuxir enseguida

coa túa cabeza erguida

fasme mostrar entereza.


Eres a fiel compañeira

defendes ata morrer,

ese sí que é un querer

que para todos eu queira.

8 comentarios:

Lasosita dijo...

Fiel amiga e compañeira. Consolo e exemplo de lealtade...

Sempre, sen pedir nada e dando todo!


Bó homenaxe a túa cadela!

Marisa, un biquiño!!

fonsilleda dijo...

Fai un anaco estaba Oska, a nosa cadela, pelexando con unha gaivota. Grazas por por, en verso, meu amor por ela tamén.
Fermosa foto.
Bicos.

Chousa da Alcandra dijo...

Esa Leda amosa Ledicia por estar perto de quen a quere...

Bicos dende as rochas

Sir Bran dijo...

Non sei a quen envexar mais... se a cadela por ser tan boa acompañante, ou a sua dona... por contar co a sua impagable presencia.
Fermosas letras e tamén fermosísima imaxen.
Unha aperta moi forte para ti Marisa.
E outra para esa adorable cadeliña tua.
Oxalá te siga acompañando moitos anos.

Emilio dijo...

Aunque alguna palabra que otra se me escapa (pocas), Marisa, me encanta leerte en tu propia lengua.

Apertas e bicos.

Bolboreteira dijo...

Eu co teu permiso dedicolle este poema teu a miña cadela, a que adoro , a que me quita as tristuras, a que me da cariño incondicional....e moitas cousas máis.
Fermoso como sempre e eles mereceno.
Un bico grande

isia dijo...

Encántame a túa forma de converter o que te rodea en fermosas cantigas.

un abrazo

merce dijo...

Canta tenrura e ledicia en este bonito homeaxe a tua cadeliña.
Bo exemplo da fidelidade, e o cariño.


Unha aperta forte miña amiga.

Publicar un comentario