lunes, 1 de marzo de 2010

Non é tempo


Xa quere saír a luz

a brancura da cerdeira

pero a saraiba da nube

aterece a flor primeira.


¿Inocencia inmaculada

con canas na cabeleira?


-Aínda ten que pasar tempo-


Pobriña a miña froiteira

que a quere atormentar

con friaxe calculada,

que sen chegar a ser

xa se vexa sendo nada.


Que isto tal non ocurra

chegará vento suave

tamén o raio do sol

farán que a vida transcurra.

5 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Calquera lle pide paciencia á cerdeira que quere florecer!
(Seica non nos pasa a nós tamén ás veces??? ;-) )

fonsilleda dijo...

Xa está tardando a luz, está moi remiso o sol...
Eu son muller de inverno pero como a cerdeira, xa pido paso ao bo tempo.
Precioso poema, xa ten que chegar o o tempo.

Bolboreteira dijo...

Que chegue xa o sol!! Levo pedindo por el dende que comezou o inverno.Eu son muller de sol e bo tempo, cárgame as pilas.
Un biquiños

isia dijo...

Aínda me impresisiona a beleza que coa nosa lingua se pode crear.

A friaxe e os vendavais debían estar impedindo os agasallos na nosa antureza, máis polo menos na miña zona non é así, as flores están acercándose á luz, por moi pouca que esta aparece.

E eu me acabo de namorar do teu poema, así que con agarimo me despido

Alís dijo...

Chegará. Non hai inverno eterno, aínda que así o pareza.
Precioso poema. ¡Cómo me gusta lerte en galego!
Bicos
E grazas

Publicar un comentario