viernes, 26 de marzo de 2010

Romaría de San Antón.

.
.
."Romería" Caino Vasconcellos
.

Camiño da romaría

cos cartos na faltriqueira

co seu paso apuradiño

non vai ser a derradeira,

.

en darlle as grazas o Santo

por non ter morto na leira

cando lle virou o carro

e de tan mala maneira

que quedou debaixo del

pero que saíu moi lixeira.

.

Dar limosna a San Antón

escoitar misa primeira

botar baila co Manuel

comerán bo polbo a feira.

.

7 comentarios:

El Drac dijo...

Qué bello poema no regala en esta ocasión, se siente la actitud contrita, se siente la cadencia suave como de una oración. Un fuerte abrazo

Alís dijo...

Qué boas lembranzas desas romarías, dos bailes e, por riba de todo, dese polbo á feira (qué ganas teño del).
É un poema alegre, Marisa. Gústame moito
Bicos

Lasosita dijo...

Amiga... estou dexexando as túas verbas, da túa viaxe.
Vexo que vés con forzas increíbles, loitando por botar uns bailes e unhas tapiñas...

Bicos, poetisa !!

fonsilleda dijo...

Como sempre estupendo poema que, de golpe, me trasladou a outros días, outras romaxes, músicas, festas, lupandas e polbos compartidos.
Precioso. Con sabor a antes.
Bicos

Bolboreteira dijo...

Unha das mellores cousas da nosa cultura, as romerias.
Un biquiño Marisa.

Rosa María dijo...

Ola *Marisa: Agradoume atopar o teu *blog. ¿De onde es? Invítoche a pasar polo mio e si apetéceche pódesche unir como seguidora.
Un bico,
Rosa María

http://poemas-rosamariamilleiro.blogspot.com/

Chousa da Alcandra dijo...

Non hai festa que se precie
que non teña a súa procesión,
sexa do millo ou doutre especie;
de Santa María, Marcos ou San Antón.

(Mágoa que as festas populares están perdendo aquel encanto de outrora. Supoño que son signos da "evolución" dos tempos)

Bicos bailaríns

Publicar un comentario