martes, 16 de marzo de 2010

Unha terra feiticeira




Entre regatos e xestas

entre chuvias e cruceiros

pasar os anos primeiros

de enchenta só polas festas.


Coller auga na fontiña

garabullos para o lume

fregar os ollos co fume

na lareira da cociña.


O carro chega do monte

de toxo ben cargadiño

pasou o día do espiño

e parece que foi onte.


Unhas ondiñas no mar

unha terra feiticeira

unha brisiña lixeira

ledicia dende o meu lar.

8 comentarios:

El Drac dijo...

No entendí, algo de inundaciones a mi parecer tal vez su terruño. Qué pena, cuando es diferente el idioma esto suele suceder. Un abrazo.

merce dijo...

Canta añoranza Marisa, a lareira que eu vin de rapaziña o carón da miña aboa, facendo filloas e no medio das brasas mazáns asandose, había que virales con un garabullo.
Recordo con moita claridade esa tenra imaxe.

Unha aperta forte.

Chousa da Alcandra dijo...

Non se ve lume na imaxe, pero logras prendelo coas verbas escollidas.
Bicos pendurados da angarela

fonsilleda dijo...

Gústanme moito estes poemas teus nos que a aparente sinxeleza que posúen case pelexa coa recuperación dos recordos.
Grazas e bicos.

El Drac dijo...

Un poema bello y suave, cotidiano como la vida misma, un grato placer estar en su hermoso lugar.

latrís dijo...

Me pierdo un poco en el idioma, pero intuyo Añoranza.
Besitos !!!!!

latrís dijo...

De qué, de la tierra?

Reflexión Pensativa - Postales Turísticas dijo...

Gracias por la visita en mi blog, me hice seguidor de los 2 tuyos.

Un saludo.

Publicar un comentario