jueves, 1 de abril de 2010

A muller do mariñeiro


Monumento a muller do mariñeiro
(Cedeira - Ortegal )


A muller do mariñeiro

éche unha viuva con home

o maior do tempo está soa

un prezo que non ten nome.


Sempre cos ollos mirando

para as ondiñas do mar

para ver se chega o barco

cara a beiriña do lar.


Con moito amor cría os fillos

e atende a súa casa

co seu corazón nun puño

vendo como tempo pasa.


Moi lonxe do seu amor

prégalle a Virxe do Carme:

“Tráemo a mín san e salvo

e grazas por axudarme.”

7 comentarios:

isia dijo...

Sempre me gsutan os teus poemas, pero cada vez me abraian máis os seus temas, canta razón tes o falar desas esposas, desas namoradas que despiden ós seus homes cada pouco e loitan o día a día esperando a súa volta que terá outra partida.

un abrazo

El Drac dijo...

Un precioso poema el que nos entrega lleno de amor en estos días de reflexión. Mi más afectuoso saludo y gracias por compartirnoslo.

Lasosita dijo...

Ésa muller que olla, que agarda a volta do seu home... muller galega valente, con forza cara á vida; qué ben o dixeches!!

Marisa, unha aperta forte e tamén... valente!

Alís dijo...

Viuvas de vivos, nai e pai nun corpo de muller, todo o amor dun corazón nun puño a espera de cada volta.
Difícil vocación a da muller do mariñeiro.
E precioso o poema
Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Dura vida a do mariñeiro que loita contra o mar. Dura a da muller que loita na terra tamén contra o mar...
Sensible tema o que elexiches, e con sensibilidade tratado.

Bicos dende terra adentro

fonsilleda dijo...

Hai un anaco comentei noutro blog que eu cría que o galego é o idioma perfecto para a tenrura. Ratifícoo aquí tamén.
Biquiños

María Bote dijo...

Gracias por compartir belleza, Marisa.
¡Feliz Pascua de Resurrección.
Besos. María.

Publicar un comentario