jueves, 15 de abril de 2010

A rapariga Mariola


Pola mañanciña cedo

pouco antes de ir para a escola

cunha variña na man

a rapariga Mariola

levaba o gando pra o monte

en zocos e camisola.


Con aquel respiro fresco

camiñaba moi gustosa

xa che entrara a primavera

e a herba estaba vizosa,

xuntaba para un ramiño

a floriña máis fermosa.

La pastorcilla
(Adolphe Willian)



As vacas moi paseniño

subían ata o Castelo,

disque alí naquel outeiro

peiteaba a moura o cabelo

traía tolos ós homes

e as mulleres pesadelo.


Ela nunca vira nada

enriba daquel poleiro

pero sentíase ben

enchendo o seu peito enteiro

co primeiro raio do sol

e os arumes do piñeiro.


Deixaba as vacas pacendo,

elas sabían voltar,

a rapaza xa cumplira

como se fora a xogar

baixaba de pedra en pedra

ata cos libros topar.

.

.


6 comentarios:

Alís dijo...

Ademáis de disfrutar da túa poesía sinto como si estivera nunha clase de historia costumbrista do noso país.
Bonita entrada
Bicos

fonsilleda dijo...

Ratifico plenamente o que di Alis e engado que eu non me sinto en clase senón nun pasado vivido e oído. Sentido e ás veces tamén botado de menos.
E non porque calquera tempo pasado fose mellor.
Pero hai cousas que quedan gravadas a lume no corpo e o espírito.
Ata a moura.
Bicos.

isia dijo...

Sabes que os teus poemas poderían usarse para as clases de primaria? Dígoo en serio, as túas rimas fan melodiosos os poemas, polo que chamaríanlle a atención e os teus temas ensinan a realidade galega mellor que claquer libro.

Un abrazo

anamorgana dijo...

Estou encantada, he como se viras a minha infancia.
Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Teces moi ben, costureiriña de palabras.
Bicos sin dedal

Ricardo Tribin dijo...

Marisa,

Que rico leerte y visitarte.

Bella y tierna poesia.

Un abrazote...

Publicar un comentario