martes, 11 de mayo de 2010

Amor verdadeiro



Illas Cíes

Ondiñas dese ancho mar

que bicas a miña terra

traes caricias do mundo

traesme na auga unha aperta.


Deses fillos que se foron

deses corazóns valentes

que cando estaban contigo

ensinácheslle a quererte.


Beberon das túas fontes

curteunos vento mareiro

cheiriños dos verdes campos

folgo de amor verdadeiro.


Agora de ti alonxados

traballando noutro eido

devecen estar contigo

debaixo do mesmo teito.



5 comentarios:

fonsilleda dijo...

A experiencia dime que sí, que é certo, que lonxe desta terra devecemos por voltar.
Fermoso como o contas.
Bicos.

Alís dijo...

Sinto como si este poema estivera adicado a mín, a mín e ós que nos levantamos cada mañá coa certeza cada vez maior de que non é doado estar tan lonxe...
E os anos pasan, non axudándonos a adaptarnos alén, senón cebando a dor da distancia.

Graciñas
E bicos

Hugo Coopel dijo...

Que palabras tan fermosas, non sei se cando marche de esta terra, poderei aguantar se ela.

Unha aperta forte!

Sir Bran dijo...

Ay Marisa... que achegadiño che quedou ese sentir polas raices que nos conformaron no seu día.
Biquiños agarimosos.

isia dijo...

Os teus versos recordan as melodias dos antigos trobadores.

Que a auga te leve unha forte aperta

Publicar un comentario