jueves, 6 de mayo de 2010

Irmáns




Folguexamos os mesmos adentros

fíxonos o mesmo sangue

comemos do mesmo pan

naqueles anos da fame.


Trouleamos nos mesmos eidos

compartimos cos mesmos viciños

desfrutamos da humilde escola

tamén nos demos cariño.


Axudamos no traballo

pateamos veigas e montes

tivemos un mesmo ceo

bebemos das mesmas fontes.


Despois distintos camiños

agora distintos fogares

temos as mesmas ledicias

temos os mesmos pesares.

10 comentarios:

Alís dijo...

Sempre dixen que os amigos son os irmáns que escollemos e así o penso, pero hai algo no sangue que une por riba de calquer sentimento. E debe de ser iso, o ter as mesmas ledicias e os mesmos pesares...
Fermoso, Marisa.

Bicos

fonsilleda dijo...

Os amigos, eses que fas cando pequeno, eses ,coido que son por sempre.
Bicos. Bonitiño o que dis.

Chousa da Alcandra dijo...

O círculo sempre volve atoparse no seu perimétrico camiñar...
Tan fermoso como ben dito.
Un bico

isia dijo...

e seguro que aínda tedes unha boa relación ou un cariño distinto, porque algunhas veces, a amizade máis importante é a de cativo.

un abrazo con agarimo

ONUBIUS dijo...

Dudo que la traducción instantánea sea fiel a tu escrito, aun así me atrevo a comentar que hay amigos tan buenos como un hermano, y si tener hermanos no depende de nosotros, la amistad si que es un patrimonio a conservar...

Abrazzzusss

bixen dijo...

De un viciño vasco:

"Campaban os prados,
manaban as fontes
antre herbas e viñas,
figueiras e robres.
Tocaban as gaitas.
Ó son das pandeiras
bailaban os mozos
cas mozas modestas.
¡Qué cofias tan brancas!
¡Qué verdes refaixos!
¡Qué feitos xustillos
de cor colorado!
Tan vivos color"

Rosalía de Castro

Isidro Jesus Cedrés González dijo...

Amiga Marisa; cuantas veces hemos caminado juntos por las mismas vereda, los mismos caminos, los mismos paisajes; y hsta hemos tomado del mismo vino, y al final, hemos cambiado nuestro final...
La vida es así y no la podmos cambiar.
Es un placer recibirte en mi blog, bienvenida.
Disfrutaré del tuyo. Volveré.
Un abrazo.
Jecego.

Lasosita dijo...

Estamos, somos... un mesmo sentir nunha mesma nenez ata a chegada a idade adulta.
Homes, mulleres, e pobos.

Saludos e apertas, Marisa!!

Hugo Coopel dijo...

Son os rimáns aqueles, que sempre, sempre nos entenden, aínda que eles no cho reconozan, sempre nos entenden. O fin e o cabo somos sangue de sangue, Fermoso blog.
Saudos

Bolboreteira dijo...

Para min un regalo da vida o meu irmán.
Fermoso poema.
Un biquiño grande

Publicar un comentario