lunes, 17 de mayo de 2010

Malos ventos




Que a esperanza non nos falte

cando corren malos ventos

o sangue galego é forte

todos xuntos gañaremos.


Temos esta nosa terra

aguerrida e ben fermosa

temos esta nosa lingua

propia e agarimosa.


Temos ese gran tesouro

que é o noso latido

día a día, noite a noite

seguirá o seu camiño.

5 comentarios:

fonsilleda dijo...

Hainos que converter, estes malos momentos, en bos días. "Día a día, noite a noite". Sempre.
Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Se fose unha relixión, esta sería unha boa oración.
Claro que axeonllarse diante dun toxo, por moi alecrinado que esteña... non sei eu ;-)

Bicos con letras maiúsculas!

Alís dijo...

Ser galego é máis que un xentilicio. Temo-la forza, témosnos a nos mesmos. Non acabarán co que é noso...
Bicos

Chousa, peor que axeonllarse diante dun toxo é facelo encima del.

Bolboreteira dijo...

Ser galega e usar a nosa lingua nai sempre é un orgullo para min.
Entre todos seguro que podemos!
Bicos

Hugo Coopel dijo...

Coido que cada vez sexamos máis os que coma ti, defendamolo que somos, Galegos.
Bicos!

Publicar un comentario