miércoles, 26 de mayo de 2010

Nunca chove a gusto de todos



Despois de tomar nas praias

unha perfecta raxeira

chéganos chuvia abundante

pra terra da sementeira,


con ela xa nace o millo

tamén medra a patateira

dá gusto ve-las cebolas,

pimentos e tomateira,


Engordan as uvas nas viñas

o froito en cada froiteira

as augas das nosas fontes

xa enchen a canle enteira,


pero tamén hai quen dí

que así non hai maneira

que queren tumbarse ó sol

con figura preguiceira.

¿Ti qué dís?

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Cómpre unha de cal e outra de area. Con estas augas de primavera vense medrar as herbiñas. O que pasa é que vimos dun inverno alongado que nos ten algo fartos de choiva e temos ganiñas de aliviar as roupas...ou non?

bixen dijo...

Una tomatera, cebollas, dos de guindilla (creo) y lechugas al fondo. Pocas plantas están a bien cerca de ajos o cebollas. El año que viene planta vainas o alubias ahí.
Perdón por no saber decirlo en gallego.

fonsilleda dijo...

Ten que haber de todo non hai dúbida. Custaríame traballo adaptarme nun lugar no que o tempo fose uniforme.
De todas as maneiras..., este ano...
En fin...
Bicos.

P.D. Pido desculpas pola tardanza. Non sei que pasou.

Publicar un comentario