sábado, 1 de mayo de 2010

O maio

.

.

.




Xa chega este maio

non foi preguiceiro

feito polos nenos

quixo ser primeiro.

.

Cheo de floriñas

está fachendoso

érguese na praza

el é moi ditoso.

.

Pampillos da veiga

do río a espadaina

fiuncho do monte

colga da polaina.

.

Cenefas de ovos

e tamén colares

rodean o corpo

alento dos lares.

.

Frescos arrecendos

laranxas da horta

a paz para o mundo

é zume que importa.

.

Cinguida no alto

humilde coroa

respectar ó pobo

iso é cousa boa.

.

.

.



5 comentarios:

Alís dijo...

Precioso poema, Marisa. E a canción sempre foi unha das miñas favoritas, aínda que eu nunca participei da festa do maio.
Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Tampouco celebrasmos de xeito explício o "maio" polo Centro Xeográfico. Iso sí, disfrutamos do mes "das flores" con ledicia e algunha que outra alerxia tamén.
Fermosa encrucillada de verbas lle deches. Unha magnífica benvida. Se eu fose Maio...gustaríame!

Un bico

fonsilleda dijo...

Non podo quedar a escoitar, entre as verbas, a música a estes días meus, asoman as tontas bágoas.
Bicos.

María Bote dijo...

Precioso, Marisa. Gracias por compartirlo. ¡Cuánto inspira el mes más hermosos del año!
Felicitémonos por estar transitando su vereda de aromas y flores, de trinos por las verdes arboledas...
Besos. María.

Ricardo Tribin dijo...

Linda publicacion querida Marisa, tanto en prosa como en coreografia.

un abrazo inmenso!!

Publicar un comentario