sábado, 5 de junio de 2010

Arrecendos do fogar




Domingo de leña e fume

auga da fonte fresquiña

pon ahí miña meniña

a pota con lento lume.


Carne de polo e de vaca

que non falte a de porquiño

do sabor do unto un chisquiño

fabas, repolo e pataca.


Xa está na mesa servida

un excelente cocido

é de todos ben sabido

que non hai mellor comida.


Hoxe é día de folgar

catro contos e bo viño

tamén se achega o veciño

para á brisca acompañar.


Disfruto doce momento

arrecendo do fogar

a ledicia dun cantar

cheíño de encantamento.

7 comentarios:

Sir Bran dijo...

Sí Marisa... non che hay nada como os arrecendos dun fogar acolledor e templado.
E moito mais se enrriba da mesa se poñen cousiñas tan boas as que achegarse.
Biquiños

fonsilleda dijo...

Aínda quedan ese tipo de reunións, esa clase de cheiros?, esas partidas...
Por miña parte grazas por traerme unha vez máis esas mesas e eses arrecendos xamais esquecidos.

Todo iso gozado en boa compañia.

Alís dijo...

Son eses sabores primixenios que xa non nos abandoan.
O que daría agora por un bo cocido

Bicos

Bolboreteira dijo...

Esta é a mesma esencia do ser galego, un bo cocido ou unha boa enchenta con familia, veciños e amigos.....
Un bico forte

Lasosita dijo...

Nadiña como atopar lumes nos ollos dós que che queren bén.
Á enchenta... unha excusa para atopalos.

Besiños, Marisa!!

Chousa da Alcandra dijo...

Boenoooo, eu xa engordei medio kilo con so mirar (e admirar) a foto!!!.

Bicos

Mar dijo...

¡Menuda comilona!

Saludos.

Publicar un comentario