martes, 1 de junio de 2010

Á memoria do meu pai





Eran horas derradeiras

de maios moi traballados

sucos labrados na cara

por onde corrían suores

amasados coas calores

de amados brazos cansados.


Cando chegabas ó lar

doía o corazón ó verte

coma planta casi inerte,

cumprido fiel compromiso

buscabas no tallo acomodo

e nas verbas un sorriso:


do traballo sae todo!

5 comentarios:

Marisa dijo...

Á memoria do meu pai,
que o dou todo pola
sua familia,con exemplo
e con cariño.

Sempre estará no meu
corazón.

Bicos para todos.

Chousa da Alcandra dijo...

Fermoso recoñecemento.
Se nos fillos atopamos os motivos, nos pais -sen dúbida- está a razón!.

Un bico dende o meu tallo

fonsilleda dijo...

Boa homenaxe, tenro, doce, traspasa o amor.
Bicos

anamorgana dijo...

Emotivo homenaje al padre. Escribes bonito.
No me atrevo a escribir gallego.
Besos

Alís dijo...

Fermosa e emotiva homenaxe.
(Gustoume a frase de Chousa da Alcandra).

Bicos

Publicar un comentario