jueves, 24 de junio de 2010

A noite de S. Xoán






Noite meiga, noite meiga
noitiña de San Xoán
non hai monte nin ribeira
que non teña unha fogueira
por riba da que saltar.

Xa teño as miñas herbiñas
para deixar ó serán
que xunto coa auga e o lume
esta noite milagreira
todo vai purificar.

Reflexos das labaradas
vense nas augas do mar,
enchese o ceo de estrelas
para acompañar a lúa
que vén ás olas bicar.



5 comentarios:

El Drac dijo...

Que belo poema de San Juan é uma celebridade. Um abraço

Bolboreteira dijo...

Fermosas verbas coma sempre Marisa...Dedicadas a unha das miñas festas favoritas..ben o merece.
Un biquiños

Alís dijo...

Xa que non puden disfruta-la noite de San Xoán, sírveme o teu poema para sentila un pouco máis cerca.
Grazas

Bicos

Ashia dijo...

Marisa poco a poco he ido traducciendo, fuego, tierra, luna, hechizada me he quedado.

No sabía que tuvieras otro blog, que pasión y que preciosidad.

Un muy fuerte beso, saltando la hoguera

fonsilleda dijo...

Hoxe aínda cheira a fume.
moi bonita a poesía,

Publicar un comentario