viernes, 16 de julio de 2010

A modiño




Era tanto o bule, bule

que na procura de acougo

un día deixei de correr


a bolboreta na flor

o tremer daquela herbiña

a pinga que vai caer,

o círculo da abella

a cor do escarabello

no mar o raio do sol


agora xa podo ver


a modiño, a modiño

e máis doado querer.


.



5 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

...e que querer xurdindo é unha trapallada!.

Bicos coa cadencia necesaria...

Alís dijo...

Ben certo é, que coas prisas pérdesennos moitas cousas, sobre todo as boas.

Que me gustou este poema! Contaxioume ledicia.

Bicos

fonsilleda dijo...

Ritmo e música soan doces mentres se le.
Bicos.

Elcio dijo...

Belo!
Cada poema, quando bem expressado, carrega
em sí um universo.
Amei.

É isso.

Bjs

fonsilleda dijo...

Creo que xa cho teño dito, as túas letras son, sobre todo ás veces, musicais.
Bicos.

Publicar un comentario