viernes, 6 de agosto de 2010

Luz de agosto




Quixera deter este día

no canto dun poema


luz dun flamante agosto

onde os deuses

aniquilan as tebras


inmaculada transparencia

prodíxio do que a vida

medra




7 comentarios:

Bolboreteira dijo...

Qué días de Agosto máis estupendos estamos tendo!!
Esperemos que siga así.
Un bico Marisa

Alís dijo...

Qué envexa!
Aquí os vellos din que non saben si "pasarán agosto"...

Conseguiche deter ese día nun canto, nun fermoso canto.

Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Aínda que sexa coas vacacións rematadas...hai que recoñecerlle méritos a este agosto que me trouxo máis anos!!!

Bicos sen parar

Sir Bran dijo...

Estou dacordo co as demais comentaristas, agosto non ten mais que fermosísimas claridades.
Ainda así non está demais que as tuas letras aniquilen alguna tebra que se poida presentar.
Biquiños.

isia dijo...

fermosa expresion dun dia que parece foi moi feliz para ti, espero que moitos dias sexan asi e nos agasalles con fermosuras aqui.

bicos.

ONUBIUS dijo...

Soy de temperaturas mas fáciles de llevar, aunque ya debiera andar acostumbrado, aquí en el sur a veces se desquicia el calor y Agosto pierde su encanto entre sudores a cuarenta en la sombra, aun así si se acompaña del mar, todo cambia de color...

abrazzzusss

fonsilleda dijo...

Vai demasiada calor para o meu gusto. Non importa, con todo, porque están as túas palabras.
bicos

Publicar un comentario