jueves, 12 de agosto de 2010

Rosa pálida

Foto: Diego Gil Navarro




Loita a rosa por saír

do carón dunha silveira

por máis empeño que pon

por lucir fresca e fermosa

palidece a súa cor

á sombra da preguiceira.


Non verán estes meus ollos

como che rouban sustento

atoparei para ti

mellor lugar pra vivir.




6 comentarios:

Alís dijo...

Mala sombra a que dan os preguiceiros...
Qué sorte para a rosa atoparse contigo

E tamén que sorte para nós

Bicos

bixen dijo...

¿Cuál de las hijas del verano ardiente,
cándida rosa, iguala a tu hermosura,
la suavísima tez y la frescura
que brotan de tu faz resplandeciente?

Carolina Coronado

Chousa da Alcandra dijo...

Aínda pálida, unha rosiña sempre fai "rubear" de ledicia. Declárome devoto das rosas!

Bicos coma pétalos

Bolboreteira dijo...

Ainda pálida as rosas gardan intacta a súa fermosura ainda máis engadindo ese toque de fraxilidade.
Biquiños

isia dijo...

Galicia é un bop lugar para a vida dunha flor, en case cada esquina, en cada rincón, non tes difícil atoparlle fogar, só pensa co corazón.

UN abrazo

fonsilleda dijo...

Mira Chousa que sensibilidade.
De certo que a rosa atopará saída.
Bicos

Publicar un comentario