sábado, 11 de septiembre de 2010

Orballo




Hoxe espertou a herba

co orballo do outono

na súa pel


xa non sente o raio

que queima a raíz


axiña será parte

do verde tapiz

que se tece na noite.






6 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Teño un coñecido que á filla da Jurado chámalle "Orballito".

A respecto do orballo destas noites, dimo a min; que veño de "xardiñear" e ás once aínda estaban as herbas todas molladiñas.

Bicos

Lasosita dijo...

É un alivio para o verdor dunha herba,
deixar un intre de sentir o sol queimante. Dáralle tempo e folgos para medrar...


Biquiños... moitos!

Jorge Pérez dijo...

O fin de ciclo, o paso do tempo.. moi sutil!

fonsilleda dijo...

O millor nos tamén temos que espertar co orballo.
A mín séntame moi ben.
Ainda que xa pasara o tempo de medrar.
Bicos.

Alís dijo...

Así espertou hoxe o meu xardín, cun dos últimos orballos do inverno, lucindo fresco e fermoso o verde da primavera que se achega.

Bicos

Bolboreteira dijo...

Que se achega o outono paseniño pero sen pausa!
Haberá que prepararse para recibilo co mellor dos sorisos.
Bicos e apertas Marisiña!

Publicar un comentario