(Imaxe sacada da web)Os raios tíbios do sol
bican á caracola
no seu leito de area
trouxo dentro do labirinto
o segredo das augas azuis
que verte na branca escuma
escoitaremos por sempre
no rumor das ondas que chegan
o amor do seu Océano.
"O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos" Alfonso R. Castelao
8 comentarios:
Non teño dúbidas...
habrán olas e olas...
soando... de por sempre!
Pero por agora... e bo escoitar os teus sentimentos de area... e mar.
Fermoso. Coma sempre no teu sentir.
Biquiños.
Gracias por trasladarme de novo a veira do mar.
Fermoso!
Un bico moi grande
Deberás perdoarme, pero a imaxe levo a miña imaxinación cara outros lares. Con aquela humidade que a rodea, a calor dos raios de sol que ti dis, as valvas debuxadiñas, o labrinto...
Que ben escribes, carallo!
quisiera que tu poesía en portugués fuera bossa nova , a pesar de disfrutarla tanto como esta.
Será certo que se oe o mar si escoitas dentro? Eu nunca o conseguín e deixárao por imposible, pero acábasme de facer crer outra vez.
Bicos
Deisaches un cheiro a praia, a mar, a ondas, a azul a inmensidade e a o seu son nunha caracola.
Que bonito.
Bicos.
Tengo caracolas en cada rincón de mi casa. Dentro de ellas se aloja ese rumor del mar que me trasporta a un mundo de paz acompasada.
Preciosos poema.
Olá Marisa! Adorei conhecer esse seu espaço.
Voltarei mais vezes.
Beijos.
Publicar un comentario en la entrada