Imaxe da webCon arrecendos
de castiñeiros e pinos
polas fragas da humildade
xuntabamos nos ourizos
nas mans sangue e tino
para alcanza-lo tesouro
custodiado por espiños
o espíritu do souto
falábanos do sagrado,
dos ancestros milenarios
de recoller na alma
a grandeza do agasallo.

8 comentarios:
Qué morriña sinto nestes tempos de castañas, cogumelos e boa compañía.
Fermoso o poema
Bicos
Joooo! me encantaría estar en mi tierra con su olor y su frio y el cucurucho de castañas calientes en las manos. Un biquiño.
Sempre as castañas,traen saudade, de xuventude e dos meus lares, de fragas e soutos.
¡Que ben cantas e contas Marisa, cousas da nosa terra.
Un bico
Serve para pensar que dentro de tanta púa... pode haber fermosos froitos.
Non debemos xulgar pola corteza externa.
Pero sí... falemos a calor desa lumbre na que se asan as castañas.
Falemos dos ancestros, se non poden ser milenarios... alo menos que sexan centenarios.
Biquiños MArisa.
O arrecendo chegou ben. Cheira e sabe.
Como o poema.
Bicos.
Alto me vexo
no meu caporexo,
ladrón vexo vir
e non podo fuxir!
(Cantiga popular da zona de Antas de Ulla)
Bicos de magosto
MMM............Dende logo que si son un autentico tesouro...como me gustan, son das mellores cousas desta época do ano.
Bicos !!!!!!!!!!
Vaites, vaites, ¡Qué boa sorpresa! un blog de poesía na nosa lingua, quédome por estos lares.
Publicar un comentario en la entrada