
.
.
Sempre foi a ben querida
a dona da luz e da ledicia,
dende o comezo dos tempos
todos devecen por posuíla,
o seu canto é doce e melodioso
na fraxilidade da súa esencia
agochánse fragancias de cálido amor,
todo é paz e harmonía
non hai amargura nin desesperación
algúns conseguen ir da súa man
polos camiños de fermosura
que levan ó paraíso.

7 comentarios:
Me ha encantado. Biquiños
Fermoso como sempre..O que todos ansiamos conseguir pero as veces non sabemos o saber como.
Un bico grande!
Na súa procura é, precisamente, onde se atopan anaquiños de felicidade.
Bicos ledos
É certo o que dí Chousa. Haberá que busca-lo xeito de non caer na tentación de deixar de facelo.
Punset dí case que o mesmo.
Biquiños a procura.
Algúns... pero outros moitos non Marisa.
Hay moito corazón sin ledicia.
Se souperas onde a venden... sería de gran axuda.
Ainda que se o penso un pouco... nos teus blogs sempre se ofrece algunha de balde.
Biquiños.
Non se pode abarcar toda, pero sí anaquiños. E tamén concordo con Chousa, hai que ir a procura dela para poder coñecela.
Fermoso o poema, Marisa
Biquiños
Tomar a man da ledicia é o que todos buscamos, pero nalgún punto do camiño sempre a perdemos e temos con ela que reencontrarnos.
Un abrazo
Publicar un comentario en la entrada