Imaxe de internetXelados puñais
colgan dos tellados
a sutil transparencia
acoitela o aire
espasmos de luz
entran pola fiestra
chega axiña,
sen tempo de pensalo,
trae na man o inverno
unha camelia branca
no interior, moi adentro
a carón da chama
todo se acomoda.

7 comentarios:
Alí, a beira da lareira, no bordo do fogar, alí todo el calma.
Eses puñais rematan desfacéndose.
Mentres, é certo, semellan eses puñais.
Bonito Marisa.
Bicos sen xeo.
Unha camelia branca .....
deixa sair ti os setimentos que levas dentro, bruxos , meigos, feticeiros.
Un bico
Un abrazo con el cariño de la amistad.
_Charo Bustos Cruz_
Coitelos e puñais perden agresividade cando van envoltos nos pétalos dunha camelia.
Bicos quentiños
Qué mal levo eu estes fríos invernais que costan máis que coitelo.
Un bico grande
Bonitas imaxes as que transportan ás tuas verbas. Contrastes cheos de maxia.
Un inverno xélido que corta pero aquí na casa o carón da chama...é como si ainda non chegara
Moitas grazas e un saúdo
Tempo de camelias, de cociña de leña e de buscar o calor preto dos máis queridos... qué envexa.
Bicos
Publicar un comentario en la entrada