jueves, 25 de febrero de 2010

O paxaro cando chove



Xa se cansa o paxariño

co seu rabo na silveira

aínda que chove decide

ir a buscar compañeira.


Ensaia distintos cantos

ata que chega a primeira

mira que mira pra él

emprende veloz carreira.


Non me extraña, pensa él

botei esta noite enteira

molladiño coma un pito

co meu rabo na silveira.

sábado, 20 de febrero de 2010

O repouso do guerreiro

.

Pincha na imaxe se a queres ampliar..


Xa na caída da tarde

o corpo pide un respiro

cheo de azul e verde.

.

Meles puras e tranquilas

as que eu libo docemente.

.

No repouso do guerreiro

con calor de lume manso

descansa a mente.

.

.

martes, 16 de febrero de 2010

Un coro de moito tronío




Canta o urogalo no monte

canta a auga no río

tamén canta en galego

o que toca o asubío,

o que asou a castaña

o que moeu no muíño

o que ensina na escola

e o que aprende do libro.


Canta ti, cantarei eu

e con él faremos trío

xuntaranse moitos máis

que canten co mesmo rimo,

Non haberá quen nos pare,

un coro de moito tronío.

martes, 9 de febrero de 2010

Arrecendos

.

...................Pincha na imaxe se a queres ampliar.


Espertou cedo a mañán

e visteuse moi fermosa

con dourados raios de sol

e arrecendos de mimosa.

.

As nubes foron co vento

o claro do ceo amosa

xa non hai bágoas de chuvia

xa non hai néboa chorosa.

.

Surcando as ondas do mar

aparece moi garbosa

a lanchiña mariñeira

cunha pesca ben xeitosa.

.

Canta a rula e ladra o can

no mar a estampa é vistosa

xa non imos querer máis

xa está chea a vida nosa.

.

.

jueves, 4 de febrero de 2010

Lembranzas



Canta o eixo do carro

e non para de cantar

trenquelea cargadiño

tocan as follas no chan.


Espera o palleiro a palla

o canasto cheo está

o muíño de entre ríos

moe millo sen parar.


Xa quenta Maruxa o forno

axiña se enfornará

probarás boliña quente

cun chourizo do seu lar.


Voltarás ó teu camiño

con bo viño e con bo pan.