martes, 15 de febrero de 2011

Badaladas de amor

Imaxe de internet




Non preciso de palabras
cando é o teu silencio
o que pronuncia o meu nome,
cando atopo nos teus brazos
caracolas de ledicia,
cando vexo nos teus ollos
o relumbre das estrelas,
cando pousas nos meus beizos
latidos de bolboreta,
cando sinto no teu peito
badaladas infinitas

non preciso doutro regalo
que me confirmen o amor.




11 comentarios:

andré de ártabro dijo...

Hoy ,tus letras son un bonito homenaje al cariño
a un amor presente que no necesita "presentes"
Cando nos seus ollos ves o relume das estrelas,entón faise presente o amor.
meigas falas de amor.
Un bico

Sidrina dijo...

Que preciosidad meigiña de poema me ha encantado
Biquiños

Bolboreteira dijo...

Canta verdade neses versos, non hai mellor agasallo que o amor demostrado en pequnas cousas.
Bicosss!!

fonsilleda dijo...

Sentindo e atopando esas cousas, tes moita razón, ben pouco é preciso. So que estean.
Bicos.

Sir Bran dijo...

Fermosos os latidos da tua bolboreta... fermosa a tua dedicación, e moito mais o teu agradecemento en esas caracolas de ledicia.
Che envio toda a sorte do mundo...
E os meus mellores dexesos.
Biquiños.

Jorge Torres Daudet dijo...

Me encanta la palabra bolboreta.
Abrazos.

Chousa da Alcandra dijo...

Non se precisan outras ferramentas que os fonemas tan ben artellados para facer música coas palabras.

Bicos

Lembranza dijo...

Non sabia que eras galega, Carmen non me dixo nada. E moi fermosa a tua poesia. Bicos

Emilio dijo...

Cuando se sabe, no se precisa nada más.

Hermoso poema.

Besos y abrazos.

Noray dijo...

Esos latidos de mariposa son una maravilla.


Bellísimo.



Un abrazo.

Mónica dijo...

precioso!! y comparto que cuando se sabe... no se necesita mas nada, te mando un beso

Publicar un comentario