
Creo que non son os anos
os que maduran…
despois do ouveo do lobo,
é a túa voz a miña voz
a que amosa tenrura,
é o teu silencio
o meu silencio,
o mar no que xuntos
nadamos
baixo o claro da lúa.
"O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos" Alfonso R. Castelao
8 comentarios:
Casal pensamento do casal, o relacionamento é a maneira de demonstrar amor
Sinto que todo e unha forma de xuntanza, ou un medo a non ter o que temos...
pero e fermoso compartir unhas verbas
e mais ainda... compartir un silencio.
Lobos e luas.
E un baño no mar.
Amosase apetecible.
Biquiños.
Precioso poema... como me gusta leerte. biquiños.
Os anos axudan
a beleza o sentimento
a lembranza a tenrura
xuntos como medran os xuncos
e testemuña a Lua.
Tuas agarimosas rimas chegan.
Un bico
Atopar a sincronía dos silenzos é un puntazo en favor do entendemento. Á que si?
Bicos caladiños
A veces los silencios dicen tantas cosas que no hace falta otra cosa que escucharlos y hacerse complices de ellos...
abrazzzusss
O que se comparte sempre é máis fermoso que o que se fai solo, incluso os silencios.
Un abrazo
É ben curioso hai silencios que afastan mentres outros achegan preto.
Bicos.
Publicar un comentario en la entrada