Imaxe de internetNon está en ti, nin en min
dete-lo día
corre ás presas
trala noite,
sempiterno amante
enfeitizado pola lúa
na bóveda celeste
está escrito
o lascivo encontro
selado polos bicos do tempo.
"O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos" Alfonso R. Castelao
2 comentarios:
Fermoso e lascivo ese encontro cargado de bicos con nocturnidade e alevosía.
Marisa, dende logo que non esta en ti ou en min, agora que si podemos gozar dos bicos do tempo e mais tamén dos verdadeiros, os que triscan, os que xeran todos os praceres.
Fermosa maneira de comezar a semana
Bicos, dos meus. Sintoo
Publicar un comentario en la entrada