viernes, 20 de mayo de 2011

O abandono que medra

Imaxe Xanela
Pincha para agrandar



Pousouse a lúa nas hedras
para dete-la subida
da serpe polas fiestras,
chora a nube de saudade
sobre salgueiros e xestas,
canta tristeiro o merliño
agochado entre as silveiras
ouvea o vento ferido
polas rendixas das pedras
é tanta, tanta a morriña
que na alma escaravella
que se arrepía o silencio
dos que miran dende a tumba
o abandono que medra.



6 comentarios:

Salvochea dijo...

Hermoso canto contra el abandono.

Pese a que ahora la gente vuelve a los pueblos,

y se van recuperando algunos.

Saludos desde El Bierzo

Sir Bran dijo...

Dende logo qe sí Marisa... non sei se e abandono ou vagancia, pero o certo e que todas esas silveiras vanse facendo as donas de moitas paisaxes.
Un biquiño.

Chousa da Alcandra dijo...

E moito medran as silvas sin que as reguen, poden nin esterquen. Son testemuñas pertinaces do abandono. Pero e que agora, como manexamos teclados, non sabemos andar cos fouciños...Unha manada de perguceiros. E perguiceiras!

Bicos

Lembranza dijo...

Ayy!!! que fermoso Marisa. Todos volveremos, de una manera o de otra volveremos. Bicos

OZNA-OZNA dijo...

muchisimas gracias sublime y sensible poeta por regalarnos tus bellisimas letras, un besin muy grande de esta asturiana amiga y admiradora.

Jorge Torres Daudet dijo...

No entiendo demasiado tu idioma, pero me suena de maravilla; el amor suena con música especial, la tristeza, la melancolía llega más al alma.
Un beso.
(Aún recuerdo un "quérote moito" que hace muuuuuchos años me dijeron...)

Publicar un comentario en la entrada