viernes, 1 de julio de 2011

Carballo amigo

Foto Xanela




Hoxe choquei coa maldade
na pel da árbore extinta
vin no carballo furado
buracos que chegan á cerna,
as súas folliñas secas
aínda rezuman veleno,
a súa vida aniquilada
clama ó ceo

a quén lle podería estorbar
para darlle tal destino?

xa non volverá a escoitar
rumores da fonte veciña
palabras de namorados
nin os xogos dos cativos.

Adeus árbore sagrada
adeus meu carballo amigo
xa non volverás a ser sombra
xa non volverás a ser niño.







3 comentarios:

OZNA-OZNA dijo...

infinitas gracias dulce y sensible poeta por concedernos el privilegio de sumergir nuestra alma en el bellisimo manantial de tus letras, un besin muy grande de esta amiga admiradora.

Sir Bran dijo...

Sempre quedarán serpes humanas, que deixan o seu rencor inyectada nalgunha árbore que tiña a sua bondade extendida...
a lo menos non sufriu esa dor sin que nadie se decatase...
e tuvo a sorte de que ti o convirtises en un fermoso poema de despedida.
Biquiños de moito vran.

Lembranza dijo...

Precioso y triste poema Marisa, pero muy real, nuestros carballos se nos van. Es una oda a la muerte, de lo que fue durante siglos, la sombra de los gallegos. Bicos

Publicar un comentario