Foto Samuel AcuñaVirxe do Carme en Marín
miña Virxe milagreira
hoxe cantan para ti
unha salve mariñeira
son estas xentes do mar
que en procesión te celebran
cos barcos engalanados
que seguen a túa estela
eres acougo e milagre
entre as augas e tormentas
hoxe queren ser contigo
un pobo que está de festas.

3 comentarios:
Eu, que son peixe de auga doce, síntome profundamente embelesado polo fervor salado que trascende en cada procesión marítima.
Un bico dende sotavento
Teño visto pola tele esta procesión do día do Carmen e ainda que non son creente resultame moi emocionante e fermoso.
Biquiños!!!!!!!!!!!!
infinitas gracias por compartir tan magna belleza, un besin de esta amiga admiradora.
Publicar un comentario en la entrada