Bogando mar adentro
nesta barca que me leva
tan feble tan sinxela…
non é doado
cruza-lo infinito dos océanos,
chegarei ata onde chegue
o segredo da luz
o arrecendo do sal
a onda na area,
a voz do poema.
"O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos" Alfonso R. Castelao
3 comentarios:
Si non rompen os estrobos, chegarás lonxe aló donde a mar bica a o ceo.
¡fermoso!
Un bico
Para esa viaxe tan ilusionante (eu tamén quero) non precisas máis velas non menos ventos...
Bicos
tu alma insigne y sensible de poeta no necesita ni velas ni remos para navegar por los mares, un besin de esta amiga admiradora .
Publicar un comentario en la entrada