lunes, 5 de septiembre de 2011

Mar e silencio

.
.
.
Foto Xanela (praia da Lanzada)

.
.Xa non hai algarabía
peneira as areas o vento
a gaivota deixa na praia
as fráxiles pegadas do tempo

pousa o sol sobre as augas
un gran regueiro de luz
un cálido latir
de amante namorado

ten hoxe o mar
ese silencio de outono
ese dourado misterio
que quixera desvelar

cánta paz hai nun respiro
cánto azul hai no meu peito.




6 comentarios:

andré de ártabro dijo...

Hay nos teus versos moitas cousas fermosas.
Un bico

isia dijo...

e canta fermosura nun pequenos versos.

un saúdo

Chousa da Alcandra dijo...

Gústame moitísimo como falas sin terte escoitado!
(O que non sei é esta premura túa por adiantar o outono. Seica tés ganas de comer un magosto? :-) )

Bicos

Marisa dijo...

Chousa o outono non ten que ver
coas folla do calendario
pero sí coas outras,
as de algunhas árbores
xa hai tempo
que deitan no chan.

Bicos

Soledad dijo...

Es misterio es el que cada uno tenemos dentro, Xanela, esa tristeza puede que tenga nombre y no la sabemos encontrar, tiempo al tiempo, al igual que las gaviotas se llevan su secreto, sabiendo que volverán.

Bicos.

OZNA-OZNA dijo...

magna belleza y sensibilidad exhalan tus versos dulce poeta, muchos besinos de esta amiga admiradora que te da infinitas gracias por emocionar nuestros sentimientos con ellos

Publicar un comentario