Entre a vida e a morte
hai un espazo sonámbulo
unha sutil transparencia,
inevitable tránsito
ata a última certeza
memoria póstuma
da existencia
e na alma luces
amadas ausencias
pétalos brancos
de crisantemos.
"O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos" Alfonso R. Castelao
9 comentarios:
Agarimosa lembranza as ánimas
das amadas ausencias.
Un bico.
Eche unha magoa que haya que estar vivo
pra poder sentir contigo estas verbas...
en fin Marisa,
que mentes poidamos...
¡¡¡ vivamos como galegos !!!
Un biquiño
Preciosa poesía, pequeña y embriagadora como un crisantemo.
Un abrazo
Despois de lerte a ti confirmo, outra vez, que son un irreverente.
En todo caso sigo pensando que facemos un bo equipo! :-)
Un bico
(Se quitas a verificación da palabra nos comentarios todo irá ben. Proba!)
Outro bico!!!
Tanto e tan pouco, encher eses espazos sonámbulos de luces para crear, ser, estar (e non de casualidade). Feitazo e fetiño poema. Fermoso. Un saúdo
entre a vida e a morte a estancia non é moi agradable mais sería ben levadeira acompañada de poemas tan fermosos e flores tan belas.
un abrazo
muy buena poesía!! me encantan los crisantemos! :D
t invito a mi blog, sonrisasdearcoiris.blogpsot.com
Preciosos versos para a flor que, nin se sabe porqué, nin quen ou cando, e a dos difuntos.
É posible que sexa porque é fermosa e sinxela.
Bicos.
Publicar un comentario en la entrada