lunes, 5 de diciembre de 2011

Lúa de inverno

.
.
.




Nin a neve, nin a chuvia
nin o frío, nin o vento
vencen á luz da lúa
nas claras noites de inverno

cómplice do amor
aparta as tebras do tempo
bica con beizos de prata
doces soños do silencio

amante desta paisaxe
non te afastes de ti mesmo.








3 comentarios:

andré de ártabro dijo...

Fermoso canto dis e fermosa a lúa xómplice de listos e tolos.
Un bico

Chousa da Alcandra dijo...

Únicamente por ser "cómplice do amor",
xa ten que ser indultada por calquera pena coa que fose castigada.

Bicos lunáticos

Ricardo Miñana dijo...

Muy bonito Marisa, nada turbe el amor.
un abrazo.

Publicar un comentario