
Coma un xirasol
amaña o seu corpo
para garda- la calor
nas arcas do inverno
senta toda a sabedoría
no poio da porta
pousa os seus olliños sen vida
na cameleira branca,
branca coma xeada que pisa
branca coma a súa
cabeleira branca.
(Imaxe de Internet)

4 comentarios:
Se desprende mucha ternura
de una vida ya madura...
cuando sin quererlo
vuelve a ser dependiente
cargando toda su experiencia.
Un gran bico.
Potente cercanía simbiótica entre o inverno, a vellez e mailo branco.
Bicos de xaneiro
Cada vez máis preta desa brancura, dese inverno da vida que non obstante pode dar moita calidez.
Fermoso poema e preciosa foto
Bicos
Fixeches un doce e fermoso retrato ao redor da chegada a noso inverno, a miña vellez. Vinme talmente debuxada, mais agora que peino todas-as canas.
Fermoso
Publicar un comentario en la entrada