domingo, 12 de febrero de 2012

A flor da cerdeira


Para miña nai
con agarimo


Van tan á presa
as pombas do tempo
que ensarillan nas plumas
tódolos nomes

e rebélaste…

se dentro de tí
eres a mesma
por qué se enreda
o que se foi
co que se queda...?

Cada día que amence,
un raio de sol
un canto de merlo
a flor na cerdeira





2 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

O sorriso de túa nai é outra estrofa dese verso.

Bicos

andré de ártabro dijo...

Logo chegarán a cerdeira as froles namentras outras coma ti xa levadelas dentro.Sei que ti es primaveira.
Un bico

Publicar un comentario