martes, 6 de marzo de 2012

Azuis inmensos



Foto Xanela (Rías altas)



Bate acelerado
o latexo do tempo
non caben no peito
azuis inmensos,
condensan as veas
desexos e feitos

e no duro intento…

camiña a savia espesa
nun paso moi lento.









4 comentarios:

andré de ártabro dijo...

Fermoso latexar das ondas e latexar do tempo, como o teu azul inmeso.
Linda foto.
Un bico.

Chousa da Alcandra dijo...

Para as espesuras que provocan pasos moi lentos nada mellor que un bypass amoroso, que todo o acelera!

Bicos azuis

Sir Bran dijo...

Os azuis inmensos caben nas tuas verbas Marisa,
acogillas polo tempo,
e polos soños que ainda agardan ...
o mar e o ceo
acollen esa cor,
e ti sabes malealo moi ben.
Biquiños.

isia dijo...

Fermoso non, o seguinte. A rítmica canvirte o poema nunha pequena canción, e a mensaxe transmite esa melancolía, esa tristura que as veces nos envolve cando miramos atrás e vemos que xa non somos uns cativos.

Noraboa polo poema, un abrazo

Publicar un comentario