jueves, 29 de marzo de 2012

O Facho

.
.
Os meus pasos
son outros pasos,
aqueles que se gardan
nas rodeiras do carro
aqueles que se herdan,
os que van na procura da luz
polos vieiros da pedra

e dende o curuto do Facho
todo se entende,

alumea unha luz tan inmensa
que o mesmo Deus expande,
por enriba do mar
por enriba das Illas Cíes,
as míticas Casitérides

é tanta a pureza do aire
que se respira
que revela a verdade,
que clarifica o misterio
de " Beróbriga ".






Foto Xanela

3 comentarios:

andré de ártabro dijo...

Transmitindo no vento o cheiro do teu verde paisaxe e o doce aroma de tes doces versos,
Un bico

isia dijo...

Galicia está chea de lugares máxicos, a historia nos rodea.

un abrazo

azpeitia dijo...

Que bello...no puedo decir más...rompería el encanto de leerte...un beso muy grande desde azpeitia

Publicar un comentario