martes, 8 de mayo de 2012


Foto Xanela


Fuxen os soños
nas pingas da chuvia
que mollan os pétalos

neste xardín 
das margaridas,
do mar
do vento

non hai terreo
que preserve da intemperie
a flor do tempo.




4 comentarios:

andré de ártabro dijo...

Fermoso xardín de margaridas, mar e evento, como fermosos son os teus versos.
Bicos.

Sir Bran dijo...

Nin falla que fai...
xa chove sobre mollado,
e isto volve a ser a nosa Galiza de sempre.

Fermosa a tua primaveira Marisa.

Bicos

Sarco Lange dijo...

Esas margaritas pronto serán del viento. Pero renacerán como fusiles.

besos.

Mar e Lúa dijo...

Sempre se di que o tempo é coma a auga, que se nos escapa das mans e non a podemos reter... O que non se acostuma a dir é precisamente o que dis ti, que arrastra con el os soños. Sorte que son gratis e para conseguir soños novos só hai que estar vivo.

Publicar un comentario