martes, 22 de mayo de 2012

Lembranzas


















 ¡Ai con canta tenrura
aquelas noites lonxanas
que abanadas pola lúa
xa soñaban!

en ceos cheos de cantos
que non ventaran as bágoas
en leiras cheas de espigas
sen que foran traballadas
en ríos e mares de peixes
que coas mans se apañaran
naqueles contos fermosos
xoguetes e lambetadas
sen que houbera que pagalas


e coa súa inocencia
no chan da cociña sentada,
xogaba…
xogaba a facer bonecas
con carozos, trapos e canas.




Imaxe (As bonecas d´Isa )



2 comentarios:

andré de ártabro dijo...

Xa casi nin lembro tan fermosas añoranzas cando eu iba a o carumcho.En fín cousas da nosa terra que ti de forma fermosa me fas lembrare.
Bicos.

Jorge CimadeVila dijo...

bucólico

Publicar un comentario