lunes, 3 de septiembre de 2012

Sen palabras






Imaxe Xanela



Aquí no alto
no mais alto do monte
onde todo se sente
non caben palabras,
deixamos que sexan
as árbores,os paxaros, as xestas,
as floriñas dos carrascos
as que nos falen,
que sexa o ouro da tarde
pousado sobre as augas da ría
o que nos fale,
que sexa o rumor da brisa
o que traia ata nos,
ata esta mesma rocha
na que ti e mais eu sentamos
a verdadeira palabra
o arrecendo da vida.









6 comentarios:

andré de ártabro dijo...

No mas fermoso do lubicán formar parte da paisaxe.
¡Que ben o fas! e mellor o dis.
Bicos

Sir Bran dijo...

O arrecendo da vida... un sentimento feito esencia. Benvido sexa!!!
Biquiños.

María Bote dijo...

El monte, los árboles, los pájaros, el río, las flores, los sentimientos... ¿Hace falta hablar?

Muy bello, querida Marisa. Besos. María

Doamna care plânge dijo...

muito bonito

isia dijo...

Hai lugares nos que as palabras máis que non facer falla sobran, lugares nos que a natureza nos permite relaxarnos e viaxar a un mundo de paz onde só existe esa beleza que existe na natureza.

Un saudo dende a illa

fonsilleda dijo...

Deixa que falen xa que o fan tan ben, pero ti sigue axudando. Biquiños

Publicar un comentario