sábado, 22 de septiembre de 2012


Pintura de Leonid Afremov




Nun último estralo
todo remata

todo fulgor
nun remuíño
de ouro e lume
ós pés da planta

é agora
cando precisa,
da fiel aperta
do doce canto
placidez suave
cálido manto





3 comentarios:

Sir Bran dijo...

Pois que sexa...
agora que as apertas se deixan apetecer,
e que o outono chega amodiño.
Biquiños Marisa.

fonsilleda dijo...

Digo o que Sir..., que sexa.

isia dijo...

Todo na vida ten un comezo e un final, e ben é certo que poucos finais chegan cun sorriso, pero a fiel aperta sempre estará aí apra reconfortarnos.

Unha aperta nunca mellor dito, coma sempre, dende a miña illa

Publicar un comentario