martes, 30 de octubre de 2012

Saudades





Muíño Albeiro 
(Río Loira- Marín )




 Aquela terra dourada
terra preñada de millo
a que paría fartura
co coidado do seu fillo
¿donde están aquelas máns
aquelas, as do agarimo?
que agora chora saudade
entre silveiras e xestas
a veira deste camiño

O hórreo xa está derrubado,
xa non me canta o muíño
as súas pedras agardan
no fondo, no fondo río.









5 comentarios:

andré de ártabro dijo...

Chora nena chora, que xa non canta freixo do eixo do muiño, xa vai so o regato pola veira do camiño.
Bicos.

Sir Bran dijo...

Anequiños do abandono...
formas de vida que xa ninguén quere,
so ti Marisa...
ainda lle rindes unha fermosa homenaxe.
Biquiños.

Soledad Enelpiano dijo...

Los orreos, son como un enorme monumento en Galicia, no deben dejar que se derrumben, son hermosos.

Un enorme beso

ospasos dijo...

E de todo o noso só van restar cinzas... qué tristes os teus versos, sobre todo porque son reais.

Mónica dijo...

hola!!! saludos desde uruguay, montevideo. Me gustó mucho tu blog.

bss

Publicar un comentario