viernes, 24 de febrero de 2012

O entroido



















.
.

Cadro do pintor
Francisco Sutil




Debaixo das caretas
fuxen os días
tinguidos de puro espanto

e nas rúas
parodia e canto,
un ledo intento
co que disfraza-la vida.





domingo, 12 de febrero de 2012

A flor da cerdeira


Para miña nai
con agarimo


Van tan á presa
as pombas do tempo
que ensarillan nas plumas
tódolos nomes

e rebélaste…

se dentro de tí
eres a mesma
por qué se enreda
o que se foi
co que se queda...?

Cada día que amence,
un raio de sol
un canto de merlo
a flor na cerdeira





viernes, 3 de febrero de 2012

Soles de inverno









.
.




Tremen as mimosas
co vento do nordés,
toda súa esencia
perfuma febreiro


e nas miñas mans
neve florecida,
botóns de sol
amornan o inverno

evidencia renacida.