sábado, 22 de septiembre de 2012


Pintura de Leonid Afremov




Nun último estralo
todo remata

todo fulgor
nun remuíño
de ouro e lume
ós pés da planta

é agora
cando precisa,
da fiel aperta
do doce canto
placidez suave
cálido manto





lunes, 3 de septiembre de 2012

Sen palabras






Imaxe Xanela



Aquí no alto
no mais alto do monte
onde todo se sente
non caben palabras,
deixamos que sexan
as árbores,os paxaros, as xestas,
as floriñas dos carrascos
as que nos falen,
que sexa o ouro da tarde
pousado sobre as augas da ría
o que nos fale,
que sexa o rumor da brisa
o que traia ata nos,
ata esta mesma rocha
na que ti e mais eu sentamos
a verdadeira palabra
o arrecendo da vida.