martes, 29 de enero de 2013

Outras latitudes




 













Pintura de Lluís Ribas   



Moito do que antes importaba
xa non importa
son outras latitudes
no espazo, no tempo

as que me adentran,
saboreo o pracer de estar

vístome
en cada amencer
co mar,
coa flor,
co vento

e dende esta túnica
que me cubre
todo  canto acontece
é un milagre.






9 comentarios:

Sir Bran dijo...

Tamén e verdade
que moito do que antes importaba
ainda importa... e importará sempre
ou, a lo menos, iso quero creer.

Todos saboreamos o pracer de que ti estés.

Biquiños.

andré de ártabro dijo...

Se melagro xa é que chegue o novo día.
¡Qué ben o dis!
Bicos

Soledad Enelpiano dijo...

Que mejor prenda para estar feliz, que todo ello.
Lo importante es que saborees el momento.

Besos grandes.

mariola dijo...

É bo adaptarse aos tempos e disfrutar de cada momento, porque cda momento é único, e vestirse de mar e de flor e de vento...como tan ben dis.
Produce relaxación.
un bico.

isia dijo...

Ver o milagre das pequenas cousas é algo complicado pero maravilloso. Ó longo da vida os nosos intereses e as nosas percepcións cambian, e non pasa nada, o importante é disfrutar do que nos gusta en cada momento.

Bonito poema, coma sempre. Un saudo dende a miña illa

Chousa da Alcandra dijo...

Aprender a saborear o pracer de, simplemente, estar; xa denota mestría.

Narci M. Ventanas dijo...

El milagro de la vida que, a veces, todo lo cambia, y nos ofrece una oportunidad tras otra. Una preciosidad de versos muy acordes con la pintura elegida.

Saboreemos el placer de estar, de ser y de leerte.

Besos

Rayén dijo...

Paso a saludarte y a decirte que quiero compartir contigo el Premio Literatura que se encuentra en mi blog de recuerdos.
Que tengas una linda semana.
Abrazos.

Magdalena Malungo dijo...

Encántame esa forza e optimismo que transmite o teu poema. Avanti tuti!

Publicar un comentario